Arquivo para a categoría ‘Avisos Importantes’

Hola xente!

Recórdovos que hoxe reunímonos para constituír o grupo de traballo e empezar a organizar a comida popular+batukada.

A reunión será ás 20:00 na Praza do Concello, en Burela.

Calquera que queira aportar ideas e botarnos un cable á hora de plantear esta actividade será benvido. Incluso si non dispoñedes de tempo para realizar tarefas organizativas esta reunión é para aportar ideas e definir a actividade, polo que cantos máis nos podamos xuntar para aportar ideas mellor.

Graciñas a todos

Convocamos asemblea para hoxe, venres 26 de Agosto, ás 20:00h en Burela na Praza do Concello. Desculpade que confirmáramos o sitio con tan pouca antelación, pero como sabedes a data xa levaba posta desde a última asemblea

  1. Informe do que se falou na última asamblea (6 Agosto, San Cibrao – Praza dos Campos)
    • Apunte sobre que non se tomara acta. Necesidade de que a xente se comprometa a colaborar nas tarefas “administrativas”.
    • Volcado de ideas para poder retomar as propostas interesantes que alí se falaran
  2. Debate para organizar unha “cea popular, batukada e asemblea”
  3. Proposta de consenso: Adhesión de indignadosamarinha á proposta “presno”, secundada ata o de agora por 42 grupos de todo o estado. Máis info en http://porlademocraciadirecta.org/
  4. Turno de varios:
    • Debate: Reforma “express” da Constitución española para incluír un límite ao défecit do estado. Posta en común de opinións, propostas ao respecto.
    • Informe:  Voces Indignadas, revista do 15M editada por #acampadalugo. Transmítennos a posibilidade de colaborar aportando contido para a mesma.
NOTA: Este orde do día pode ser modificado ao dar comezo a asemblea para engadir calquera punto de importancia que se propoña. Os puntos propostos engadiránse no turno de varios, para evitar romper a dinámica da asemblea.

O 1 de xullo distintos grupos de indignad@s de todo o país comezaron unha marcha cara a Madrid, onde confluen o día 23 de xullo, para relembrarlle ós poderos@s as nosas reivindicacións.

O día 2 de Xullo, membros do grupo Asamblea Occidente Asturiano – Mariña lucense e membros do grupo Indignados A Mariña (cidadáns de a pé, coma ti e coma min) reuníanse en Asamblea en Burela. Nesta asamblea, alguén propón facer unha cadea humana na ponte dos santos para apoiar as marchas, e a proposta é acollida por unanimidade. Dende entón, varias persoas están a levar a cabo a labor organizativa e divulgativa, á cal queremos botar unha man desde este grupo con esta mensaxe coa que nos aderimos á convocatoria deste evento.

Compañeiros que marchades cara madrid, non estades sós!

Dende A Mariña e o Occidente Asturiano, apoiamos este acto con unha “CADEA HUMANA” que unirá ambas márxenes da Ponte dos Santos, sita na ría de Ribadeo e que une a comunidade galega coa comunidade asturiana.

Animámovos aos que podades a participar nela e correr a voz!

Lugar: Área recreativa de San Román (na beira asturiana da ponte) onde nos iremos atopando a partir das 15:00 horas para facer diferentes actividades relacionadas co evento. Algúns estamos planeando achegarnos coa comida e comer alí así que animámosvos aos que queirades a sumarvos e improvisar con nós un xantar popular entre todos.

Hora: A “CADEA HUMANA” formarase ás 19:00h.

Como moitos saberedes (ou non XD) n-1 é unha rede social libre. Para evitar ter que escribir aquí unha reflexión persoal sobre o que me parece a ferramenta ou a súa utilidade, quixera limitarme a decir que é a rede social onde se esta empezando a organizar o groso do movemento a nivel virtual (inda que segue habendo moita info en outras redes/plataformas). Deixovos o enlace á rede, así como a varios artigos sobre a mesma para que podades coñecer un pouco máis sobre ela se vos interesa:

Dirección da rede social: https://n-1.cc

N-1. la red social del #15M“, artigo publicado en bitelia.com

Ventajas de usar N-1“, artigo publicado polo informatica.acampadabcn, que á súa vez é un subgrupo de AcampadaBCN (estos grupos están dentro da propia rede n-1)

Creo que entre estos dous artigos se resume bastante ben de qué vai n-1, de todas maneiras se buscades en google sairán bastantes artigos sobre o tema.

Tal que como se acordou na última asamblea e como integrante do obradoiro de novas tecnoloxías púxenme máns á obra e creei un grupo na rede n-1 para indignados a marinha. Todo aquel que queira participar está invitado a rexistrarse na rede n-1 (se non estades rexistrados xa) e unirse ao grupo indignados a mariña. De momento solo hai un membro e simplemente me estou dedicando a intentar xuntar toda a información posible (textos, fotos, videos, enlaces a artigos, etc) no grupo para que a xente, a parte de poder empregalo como medio para comunicarnos entre nós, o poda empregar como nodo para informarse sobre o grupo e as súas actividades.

A nivel persoal, estou disposto a botarlle un cable a todo aquel que o queira para introducilo ao uso desta rede. Iso si, como condición poño que o contacto e a forma de comunicarnos sexa a través da rede (email, facebook, twitter, comentarios neste blog, chat ou o que queirades) simplemente porque creo que esta revolución debe ser levada á rede, e ademáis de aprender a comunicarnos físicamente nas asambleas etc creo que sería interesante que todos fixeramos un esforzo para que esa comunicación poda establecerse de forma constante na rede. Porqué? Pois porque sería o medio idóneo para tomar decisións a niveis xeográficos moi amplos (nacional ou autonómico, por exemplo). Hai que ter en conta que a superestructura mediante a cal executar esa toma de decisións está por definir, pero inda así creo que coincidiredes comigo en que será necesario comunicarnos pola rede para poder coñecer as opinións de calquera que queira aportar algo e esta nova sociedade que estamos intentando definir.

Concentración e Asamblea Popular o día 13 de Xullo na plaza do Souto (Cervo) ás 18:00. Esta convocatoria foi consensuada na Asamblea do día 2 de Xullo.

Concentración e Asamblea Popular o día 2 de Xullo.

Esta convocatoria foi consensuada na Asamblea do día 18 de Xuño.

Ao remate colgarase a pancarta elaborada polo Obradoiro de divulgación o día 25 de Xullo.

Como o blogger nos trata coma se foramos spam, e inda por riba levo dende o día 25 de Xuño intentando recuperar o acceso ao blog decidín crear un wordpress. Seguramente nun futuro propio migraremos os datos a un servidor propio por seguridade da información pero mentras tanto a idea é utilizar este wordpress.

Saúdos