Arquivo para a categoría ‘Actas de Asamblea’

Acta da Asamblea do día 06/08/2011

Praza dos Campos (San Cibrao)

Non existe acta escrita sobre esta reunión. A persoa que habitualmente toma as actas non podía facelo nesta ocasión e ninguén se encargou desta tarefa.

Ao parecer o número de asistentes era aproximadamente de 7 persoas. Consensuouse realizar a próxima asamblea o día 26 de Agosto, pero non se precisou o lugar. Decidirase e informarase do lugar empregando as canles virtuais.

Lamentamos non poder ofrecer máis información ao respecto

Lembrade que é importante que todos botemos unha man á hora de tomar as actas, moderar, etc. Non pode ser que o todo o traballo recaia sempre sobre as mesmas persoas, posto que se por algunha razón non poden realizalo esa tarefa queda sen facer.

Acta da Asamblea do día 23/07/11

Área recreativa San Román (Ponte dos Santos)

Esta acta está feita de memoria por tres persoas que asistiron a asamblea.

Tras a acción da cadea humana da Ponte dos Santos, con unha asistencia de 200 persoas aproximadamente, decideuse realizar unha asmblea na que se quedaron a participar unhas 60 persoas (a ollo).

O primeiro que se decidiu foi a data da seguinte asamblea. Consensuouse programala para o sábado 6 de agosto en San Cibrao na praza dos Campos (praza nova) ás 20:00 horas.

Foi unha asamblea informativa na súa maior parte. Asistiron persoas residentes en Madrid e Sevilla vencelladas ós indignados das súas respectivas zonas. Aproveitaron as vacacións para participar na acción e compartir con nos na asmblea a súa experiencia.

Sobre a realización da cadea humana houbo autocrítica e opinións de todo tipo, sendo unánime o sentimento de éxito.

Houbo unha proposta que quedou no aire. Consistía en ir cada un o seu respectivo Concello e pedir información acerca do gasto público.

Distintas compañeiras informaron sobre a chegada da marcha do noroeste a Madrid pola A-6, a sentada na moncloa e a intención de alguns camiñantes de seguir ata Bruselas e Grecia.

O rematar a asamblea unha persoa de Vigo, relacionada ca iniciativa de banca ética galega coop57, deunos unha breve charla sobre banca ética. Explicounos as diferencias entre ésta e a banca clásica. Logo contounos o funcionamento de distintas bancas éticas como coop57, triodos bank e fiare.

Acta da Asamblea do día 13/07/2011

Praza do Souto (Cervo)

Ábrese a cuarta asamblea na praza do Souto en Cervo, coa friolera de 6 persoas (achegándose durante a mesma 4 persoas mais). Durante a asamblea trátase o seguinte:

  • A pancarta creada polo obradoiro de divulgación foi recuperada por dous compañeir@s. Decidiuse situala na ponte do paso do tren preto de Xove, habendo xa voluntarios para colocala. Tamén se propuxo facer máis pancartas.
  • Houbo consenso en facer a vindeira asamblea o sábado 23 de xullo na área recreativa de San Román (Arnaú), coincidindo ca xuntanza previa a cadea humana.

  • Informouse sobre o 3º foro galego de interacampadas, que será o 6 de agosto en Lugo. Acordamos tratar este punto na seguinte asamblea.

  • Houbo consenso en crear un perfil de indignadosamarinha na páxina www.n-1.cc (rede social libre).
  • Contamos coa presencia dunha persoa da asamblea do barrio de Carabanchel (Madrid) pertenecente ao grupo de traballo de asistencia social. Informounos da situación nesas latitudes.

  • Houbo consenso en facer grupos para pegar os carteis informativos da cadea humana. Ainda así pódese descargar, imprimir e pegar.
  • Creouse un grupo de traballo de realización de pancartas para a acción da ponte dos Santos. Xuntarémonos o mércores para a creación destas e para falar sobre o transporte á ponte dos Santos o día 23. Se alguén está interesado en asistir a ponte dos Santos (cadea humana) que contacte con nós antes do mércores.
  • Propúxose facer unha crónica da acción da ponte dos Santos para poder difundila pola rede.

  • Creouse dentro do obradoiro de divulgación un grupo dedicado a informar nos mercados. Quedou en consenso comezar cos preparativos o seguinte luns e o martes como primeiro día de divulgación no mercado en Foz.
  • Un compañeiro comprometeuse en mandar un comunicado a radio Burela sobre a esistencia do noso blog.

  • Propúxose que a parte de pegar carteles de convocatorias de asambleas na rúa e nas tendas, tamén colocar esta información en pancartas nos balcóns.

Acta da Asamblea do día 02/07/2011

Praza do Concello (Burela)

            Reunidas arredor de 18 persoas ábrese a sesión. Ao longo da mesma achéganse máis asistentes, chegando a ser mais de 35 persoas.

Ábrese a sesión informando da acta da asamblea anterior e do cambio do blog a wordpress (indignadosamarinha.wordpress.com).

Contamos coa asistencia de compañeiras do grupo asamblea ciudadana occidente asturiano-mariña lucense. Este grupo ven organizando asambleas en diferentes pobos da costa ( Navia, Vegadeo, Ribadeo,  Foz…) nas que se crearon, como en outras asambleas, grupos de traballo que están funcionando. Informaronnos das seguintes accións previstas:

  • Movemento contra a creación dunha mina de ouro (ultracontaminante) en Tapia de Casariego. A Asamblea consensúa apoiar esta acción.
  • Reparto dunha carta destinada a informar e implicar á xente, da que nos leron o borrador.

Propostas da Asamblea:

  • Invitar a colectivos xa formados a unir esforzos e experiencia con nós.
  • Centrarse no local a demais do global . “Pensa global actúa local
  • Ir aos concellos preguntar si publican as actas dos plenos municipais en internet. Si non o fan pedirlles que o fagan.
  • Ir aos mercados poñer un posto de información. Proponse repartir a carta nomeada anteriormente.

Consensos:

  • Facer charlas temáticas sobre temas de interés. Propúxose facer unha de Banca Ética (corto prazo) e outra de Reforma Constitucional (longo prazo). Non houbo consenso no lugar, se facelo nas prazas ou contar con institucións públicas.
  • Decidiuse delimitar o ámbito físico de traballo co grupo asamblea ciudadana occidente asturiano-mariña lucense en duas asambleas intinerantes por motivos de transporte(económicos-ecolóxicos) e de operatividade. Unha abarcaría Occidente de Asturias e a Mariña Oriental (ata Foz incluido) e a outra a Mariña Central e Occidental. Acordouse facer unha asamblea conxunta con certa periodicidade.
  • Acordase realizar unha cadea humana na Ponte dos Santos o Sábado 23 de Xullo ás 19:00h. , coincidindo esta actividade coa chegada das marchas a Madrid dende diversos puntos da península. Faranse actividades previas como un xantar popular na area recreativa de San Román (Punto de encontro), actividades lúdicas e divulgación no entorno. Tamén se farán pancartas para colgar na ponte, cada un a libre elección. Tamén se decidiu celebrar unha asamblea ó finalizar a cadea humana. Propúxose a divulgación deste acto en prensa, ainda que ninguén se comprometeu a levalo a cabo, e a creación dun grupo de Facebook adicado exclusivamente a este tema, sen que houbera consenso.
  • A próxima asamblea será na Praza do Souto, Cervo, o Mércores 13 de Xullo ás 18h.
Remata a asamblea ás 22:40h. Despois da asamblea procedeuse a colgar unha pancarta creada por un grupo de traballo formado na asamblea anterior (Obradoiro de Divulgacion).

Acta da Asamblea do día 18/06/2011

Praza do Concello (Burela)

Reunidas arredor de 20 persoas ábrese a sesión. Ao longo dos primeiros 15-20 minutos achéganse máis asistentes, chegando a ser arredor de 30 persoas.

Ábrese a sesión cun turno de propostas, que sería ampliado con posteriores turnos de propostas intercalados con consensos e debate. A efectos de ordenar esta acta e facela o máis lexible posible  lístanse a continuación a totalidade das propostas:

  • Necesidade de definir a periodicidade das reunións.
  • Necesidade de estructurarnos organizativamente para optimizar recursos e esforzos.
  • Creación dun blog, conta en twitter, grupo de facebook e conta de correo electrónico.
  • Necesidade de centrar esforzos en actos divulgativos, entre os cales se propoñen os seguintes:
    • Pegada de carteis
    • Realización de performances
    • Debuxar murais/graffitis. Cabe destacar que no caso dos graffitis se propón a necesidade de perfilar moi ben a actividade posto que se pode considerar agresiva.
    • Crear pancartas e colocalas en sitios visibles/zonas de paso de distintas poboacións da Mariña.

Debatindo as propostas listadas éstas evolucionan e chéganse a varios consensos. A continuación lístanse ordenados e agrupados por ámbitos:

Respecto á necesidade de definir a periodicidade das reunións:

  • Que polo momento a periodicidade das asambleas será cada 15 días, ata que a propia Asamblea decida establecer outra periodicidade.
  • Que polo momento as reunións celebraranse os sábados ás 20:00h.
  • Que a data da próxima reunión será o sábado 2 de Xullo do presente ano 2011.

Respecto á necesidade de estructurarnos organizativamente:

  • Acórdase denominar “obradoiros” aos grupos de persoas que se encargarán de realizar actividades concretas, distinguidos pola índole da actividade.
  • Créase o obradoiro de novas tecnoloxías, sobre o  cal se destaca o seguinte:
    • Asígnaselle como prioridade a creación do blog e o email.
    • Solicítase que na maior brevidade posible o blog inclúa un calendario así como un foro ou sistema similar que se poda empregar para plantear e desenrolar propostas de forma virtual.
  • Créase o obradoiro de divulgación, sobre o  cal se destaca o seguinte:
    • Que é prioritario deseñar un cartaz para a próxima Asamblea do día 2 de xullo, para o cal se lle da liberdade e confianza a Samantha, que se compromete a título individual de realizar esta tarefa.
    • Que o grupo deseñará e realizará unha pancarta para colgar na ponte do ferrocarril da rúa Eijo Garay, en Burela. Proponse como lema para a pancarta “Cásase a banca co poder político”.
    • Que o grupo se reunirá o próximo sábado día 25 de Xuño no parque do hospital en Burela ás 17:00h para realizar a pancarta mencionada no punto anterior.
  • Acórdase crear a corto plazo un obradoiro de acción directa, mais non se definen polo momento as prioridades do mesmo.

Respecto ao blog, email e redes sociais:

  • Que é imperativo crear o blog, o twitter, o grupo de facebook e o correo electrónico. Responsabilízanse a título individual Lorenzo de crear o blog, o twitter e o email e Henar de crear o grupo de facebook.
  • Que se empregará como nome de dominio para o blog, así como nome de usuario de twitter e para a conta de correo electrónico “indignadosamarinha”, sendo a segunda opción en caso de non estar dispoñible ésta “indignadasamarinha”. Cabe destacar que se consensúa empregar o “nh” naqueles lugares que por razóns técnicas non permitan o uso do carácter “ñ”.

Cérrase a sesión cunha dinámica grupal de presentación e un abrazo de grupo.