Arquivo para a categoría ‘Convocatorias’

Hola xente!

Recórdovos que hoxe reunímonos para constituír o grupo de traballo e empezar a organizar a comida popular+batukada.

A reunión será ás 20:00 na Praza do Concello, en Burela.

Calquera que queira aportar ideas e botarnos un cable á hora de plantear esta actividade será benvido. Incluso si non dispoñedes de tempo para realizar tarefas organizativas esta reunión é para aportar ideas e definir a actividade, polo que cantos máis nos podamos xuntar para aportar ideas mellor.

Graciñas a todos

Convocamos asemblea para hoxe, venres 26 de Agosto, ás 20:00h en Burela na Praza do Concello. Desculpade que confirmáramos o sitio con tan pouca antelación, pero como sabedes a data xa levaba posta desde a última asemblea

  1. Informe do que se falou na última asamblea (6 Agosto, San Cibrao – Praza dos Campos)
    • Apunte sobre que non se tomara acta. Necesidade de que a xente se comprometa a colaborar nas tarefas “administrativas”.
    • Volcado de ideas para poder retomar as propostas interesantes que alí se falaran
  2. Debate para organizar unha “cea popular, batukada e asemblea”
  3. Proposta de consenso: Adhesión de indignadosamarinha á proposta “presno”, secundada ata o de agora por 42 grupos de todo o estado. Máis info en http://porlademocraciadirecta.org/
  4. Turno de varios:
    • Debate: Reforma “express” da Constitución española para incluír un límite ao défecit do estado. Posta en común de opinións, propostas ao respecto.
    • Informe:  Voces Indignadas, revista do 15M editada por #acampadalugo. Transmítennos a posibilidade de colaborar aportando contido para a mesma.
NOTA: Este orde do día pode ser modificado ao dar comezo a asemblea para engadir calquera punto de importancia que se propoña. Os puntos propostos engadiránse no turno de varios, para evitar romper a dinámica da asemblea.

O 1 de xullo distintos grupos de indignad@s de todo o país comezaron unha marcha cara a Madrid, onde confluen o día 23 de xullo, para relembrarlle ós poderos@s as nosas reivindicacións.

O día 2 de Xullo, membros do grupo Asamblea Occidente Asturiano – Mariña lucense e membros do grupo Indignados A Mariña (cidadáns de a pé, coma ti e coma min) reuníanse en Asamblea en Burela. Nesta asamblea, alguén propón facer unha cadea humana na ponte dos santos para apoiar as marchas, e a proposta é acollida por unanimidade. Dende entón, varias persoas están a levar a cabo a labor organizativa e divulgativa, á cal queremos botar unha man desde este grupo con esta mensaxe coa que nos aderimos á convocatoria deste evento.

Compañeiros que marchades cara madrid, non estades sós!

Dende A Mariña e o Occidente Asturiano, apoiamos este acto con unha “CADEA HUMANA” que unirá ambas márxenes da Ponte dos Santos, sita na ría de Ribadeo e que une a comunidade galega coa comunidade asturiana.

Animámovos aos que podades a participar nela e correr a voz!

Lugar: Área recreativa de San Román (na beira asturiana da ponte) onde nos iremos atopando a partir das 15:00 horas para facer diferentes actividades relacionadas co evento. Algúns estamos planeando achegarnos coa comida e comer alí así que animámosvos aos que queirades a sumarvos e improvisar con nós un xantar popular entre todos.

Hora: A “CADEA HUMANA” formarase ás 19:00h.

Concentración e Asamblea Popular o día 13 de Xullo na plaza do Souto (Cervo) ás 18:00. Esta convocatoria foi consensuada na Asamblea do día 2 de Xullo.

Concentración e Asamblea Popular o día 2 de Xullo.

Esta convocatoria foi consensuada na Asamblea do día 18 de Xuño.

Ao remate colgarase a pancarta elaborada polo Obradoiro de divulgación o día 25 de Xullo.