Cadea Humana na Ponte dos Santos o 23 de Xullo

Publicado: 16 Xullo, 2011 en Avisos Importantes, Convocatorias

O 1 de xullo distintos grupos de indignad@s de todo o país comezaron unha marcha cara a Madrid, onde confluen o día 23 de xullo, para relembrarlle ós poderos@s as nosas reivindicacións.

O día 2 de Xullo, membros do grupo Asamblea Occidente Asturiano – Mariña lucense e membros do grupo Indignados A Mariña (cidadáns de a pé, coma ti e coma min) reuníanse en Asamblea en Burela. Nesta asamblea, alguén propón facer unha cadea humana na ponte dos santos para apoiar as marchas, e a proposta é acollida por unanimidade. Dende entón, varias persoas están a levar a cabo a labor organizativa e divulgativa, á cal queremos botar unha man desde este grupo con esta mensaxe coa que nos aderimos á convocatoria deste evento.

Compañeiros que marchades cara madrid, non estades sós!

Dende A Mariña e o Occidente Asturiano, apoiamos este acto con unha “CADEA HUMANA” que unirá ambas márxenes da Ponte dos Santos, sita na ría de Ribadeo e que une a comunidade galega coa comunidade asturiana.

Animámovos aos que podades a participar nela e correr a voz!

Lugar: Área recreativa de San Román (na beira asturiana da ponte) onde nos iremos atopando a partir das 15:00 horas para facer diferentes actividades relacionadas co evento. Algúns estamos planeando achegarnos coa comida e comer alí así que animámosvos aos que queirades a sumarvos e improvisar con nós un xantar popular entre todos.

Hora: A “CADEA HUMANA” formarase ás 19:00h.

comentarios
  1. A.Duarte di:

    Esta ben agás que a ría chamase de Ría Ribadeo, Eo é o nome do Río.

  2. A.Duarte di:

    Esta ben agás que a ría chámase Ría de Ribadeo, Eo é o nome do Río.

Deixar un comentario