Reunión para organizar a comida popular + batukada

Publicado: 2 Setembro, 2011 en Avisos Importantes, Convocatorias

Hola xente!

Recórdovos que hoxe reunímonos para constituír o grupo de traballo e empezar a organizar a comida popular+batukada.

A reunión será ás 20:00 na Praza do Concello, en Burela.

Calquera que queira aportar ideas e botarnos un cable á hora de plantear esta actividade será benvido. Incluso si non dispoñedes de tempo para realizar tarefas organizativas esta reunión é para aportar ideas e definir a actividade, polo que cantos máis nos podamos xuntar para aportar ideas mellor.

Graciñas a todos

comentarios
  1. Marga di:

    Levo uns días fora e teño que retomar o ritmo do que estades a facer pero nesta entrada pon a hora da reunión pero non o día, así que non sei si estou a tempo…..
    Xa sabedes que día será a batukada_comellada?
    Un saúdo

    • Pois a cousa quedou en stand-by porque chegou un punto en que eramos dúas persoas intentando tirar do carro, e acabamos cansando. A idea era poder empregar a batukada-comellada como punto de inflexión e retomar a actividade pero non sei moi ben nin por onde empezar a verdade.

      Unha aperta

Deixar un comentario