Acta da Asamblea do día 18-06-2011

Publicado: 28 Xuño, 2011 en Actas de Asamblea

Acta da Asamblea do día 18/06/2011

Praza do Concello (Burela)

Reunidas arredor de 20 persoas ábrese a sesión. Ao longo dos primeiros 15-20 minutos achéganse máis asistentes, chegando a ser arredor de 30 persoas.

Ábrese a sesión cun turno de propostas, que sería ampliado con posteriores turnos de propostas intercalados con consensos e debate. A efectos de ordenar esta acta e facela o máis lexible posible  lístanse a continuación a totalidade das propostas:

  • Necesidade de definir a periodicidade das reunións.
  • Necesidade de estructurarnos organizativamente para optimizar recursos e esforzos.
  • Creación dun blog, conta en twitter, grupo de facebook e conta de correo electrónico.
  • Necesidade de centrar esforzos en actos divulgativos, entre os cales se propoñen os seguintes:
    • Pegada de carteis
    • Realización de performances
    • Debuxar murais/graffitis. Cabe destacar que no caso dos graffitis se propón a necesidade de perfilar moi ben a actividade posto que se pode considerar agresiva.
    • Crear pancartas e colocalas en sitios visibles/zonas de paso de distintas poboacións da Mariña.

Debatindo as propostas listadas éstas evolucionan e chéganse a varios consensos. A continuación lístanse ordenados e agrupados por ámbitos:

Respecto á necesidade de definir a periodicidade das reunións:

  • Que polo momento a periodicidade das asambleas será cada 15 días, ata que a propia Asamblea decida establecer outra periodicidade.
  • Que polo momento as reunións celebraranse os sábados ás 20:00h.
  • Que a data da próxima reunión será o sábado 2 de Xullo do presente ano 2011.

Respecto á necesidade de estructurarnos organizativamente:

  • Acórdase denominar “obradoiros” aos grupos de persoas que se encargarán de realizar actividades concretas, distinguidos pola índole da actividade.
  • Créase o obradoiro de novas tecnoloxías, sobre o  cal se destaca o seguinte:
    • Asígnaselle como prioridade a creación do blog e o email.
    • Solicítase que na maior brevidade posible o blog inclúa un calendario así como un foro ou sistema similar que se poda empregar para plantear e desenrolar propostas de forma virtual.
  • Créase o obradoiro de divulgación, sobre o  cal se destaca o seguinte:
    • Que é prioritario deseñar un cartaz para a próxima Asamblea do día 2 de xullo, para o cal se lle da liberdade e confianza a Samantha, que se compromete a título individual de realizar esta tarefa.
    • Que o grupo deseñará e realizará unha pancarta para colgar na ponte do ferrocarril da rúa Eijo Garay, en Burela. Proponse como lema para a pancarta “Cásase a banca co poder político”.
    • Que o grupo se reunirá o próximo sábado día 25 de Xuño no parque do hospital en Burela ás 17:00h para realizar a pancarta mencionada no punto anterior.
  • Acórdase crear a corto plazo un obradoiro de acción directa, mais non se definen polo momento as prioridades do mesmo.

Respecto ao blog, email e redes sociais:

  • Que é imperativo crear o blog, o twitter, o grupo de facebook e o correo electrónico. Responsabilízanse a título individual Lorenzo de crear o blog, o twitter e o email e Henar de crear o grupo de facebook.
  • Que se empregará como nome de dominio para o blog, así como nome de usuario de twitter e para a conta de correo electrónico “indignadosamarinha”, sendo a segunda opción en caso de non estar dispoñible ésta “indignadasamarinha”. Cabe destacar que se consensúa empregar o “nh” naqueles lugares que por razóns técnicas non permitan o uso do carácter “ñ”.

Cérrase a sesión cunha dinámica grupal de presentación e un abrazo de grupo.


comentarios
  1. […] Estou empezando a facer un arquivo de fotos empregrando as galerías fotográficas do n-1. Agora mesmo hai unhas cantas da primeira vez que nos xuntaramos en burela (intento fallido de asamblea jaja, inda que ao final fixemos asamblea os poucos que estábamos) e unhas cantas tamén da 1ª asamblea, a do día 18 de xuño. […]

Deixar un comentario