Acta da Asamblea do día 13/07/2011

Publicado: 16 Xullo, 2011 en Actas de Asamblea

Acta da Asamblea do día 13/07/2011

Praza do Souto (Cervo)

Ábrese a cuarta asamblea na praza do Souto en Cervo, coa friolera de 6 persoas (achegándose durante a mesma 4 persoas mais). Durante a asamblea trátase o seguinte:

  • A pancarta creada polo obradoiro de divulgación foi recuperada por dous compañeir@s. Decidiuse situala na ponte do paso do tren preto de Xove, habendo xa voluntarios para colocala. Tamén se propuxo facer máis pancartas.
  • Houbo consenso en facer a vindeira asamblea o sábado 23 de xullo na área recreativa de San Román (Arnaú), coincidindo ca xuntanza previa a cadea humana.

  • Informouse sobre o 3º foro galego de interacampadas, que será o 6 de agosto en Lugo. Acordamos tratar este punto na seguinte asamblea.

  • Houbo consenso en crear un perfil de indignadosamarinha na páxina www.n-1.cc (rede social libre).
  • Contamos coa presencia dunha persoa da asamblea do barrio de Carabanchel (Madrid) pertenecente ao grupo de traballo de asistencia social. Informounos da situación nesas latitudes.

  • Houbo consenso en facer grupos para pegar os carteis informativos da cadea humana. Ainda así pódese descargar, imprimir e pegar.
  • Creouse un grupo de traballo de realización de pancartas para a acción da ponte dos Santos. Xuntarémonos o mércores para a creación destas e para falar sobre o transporte á ponte dos Santos o día 23. Se alguén está interesado en asistir a ponte dos Santos (cadea humana) que contacte con nós antes do mércores.
  • Propúxose facer unha crónica da acción da ponte dos Santos para poder difundila pola rede.

  • Creouse dentro do obradoiro de divulgación un grupo dedicado a informar nos mercados. Quedou en consenso comezar cos preparativos o seguinte luns e o martes como primeiro día de divulgación no mercado en Foz.
  • Un compañeiro comprometeuse en mandar un comunicado a radio Burela sobre a esistencia do noso blog.

  • Propúxose que a parte de pegar carteles de convocatorias de asambleas na rúa e nas tendas, tamén colocar esta información en pancartas nos balcóns.

Deixar un comentario